http://www.xunta.es/opencms/system/modules/es.xunta.portal.contidos/elements/visorVideo.jsp?rutaexterna=%2Fc%2Fdocument_library%2Fget_file%3FfolderId%3D346868%26name%3DDLFE-10403.mp3
Por se fora pouco e inmediatamente, a partir do minuto 14:30, pormenoriza e expón extensamente os récords económicos e turísticos do Xacobeo 2010. Durante a súa exposición da a entender que o éxito débese exclusivamente “ á marabillosa xestión” da Xunta, obviando o Camiño, a Catedral e o Apóstolo Santiago, ós que non se refire en ningún momento, polo que supoñemos que a partires de agora o Xacobeo farase cada ano, os peregrinos empaquetaranse todos no ave e obrigaráselle a visitar, antes de nada, o Gaiás.
O Presidente non pode facerse agora o nórdico co tema do Oribio, porque o luns anterior, o 31 de xaneiro, a petición do Goberno Galego, altos cargos da Xunta entrevistáronse cunha delegación do ICOMOS, que viñan de visitar a Serra do Oribio, día en que lle comunicaron tamén, que ían solicitar á UNESCO, a inclusión do Camiño na Lista de Patrimonio en Perigo.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario