9 mar. 2011

BNG ou ¿NACIONALismo?

Moi bo artigo de Inácio,sen perder "faragulla" do seu sentir nacionalista,pégalle unha sacudida ao BNG,os motivos son obvios,non lle falta fundamento nin razóns para escribir o que escribe.

Aos despropósitos de Reganosa,Carbón,etc..se lles suman as declaracións do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza,este "NACIONALista" reclama para o Concello de Trasmiras,(A Limia), a ubicación dunha base militar de experimentación con avións espía promovida polo consorcio europeo da aviación EADS.

ARTIGO; http://artabra21.blogspot.com/2011/03/agraba-se-deriva-do-bng-agora.html
Ligazóns do tema;
http://revoltairmandinha.blogspot.com/2011/03/que-caralho-jogamos.html
http://www.xornal.com/artigo/2011/03/04/galicia/bng-reclamalle-defensa-base-avions-espia-limia/2011030400101302708.html

Esperemos polo ben de Galiza que o BNG atope o seu "Norte"

8 comentarios:

Anónimo dijo...

ten coña que fagas ti este comentario que tes de nacionalista o que eu teño de español, ou sexa, nada de nada.

Os españois, desde esa posición e actitude paternalista do colonizador, credes que tendes dereito a opinar sobre o grau de compromiso dalgunhas organizacións para co país.

Ti que es un peon das forzas políticas es sindicais que actuan diariamente por manter o caracter colonial do noso país e que sempre segues os ditados das organizacións sindicais e políticas con sede en Madrid.

A Ti non te permito estas valoracións porque non tes a forza ética nen moral para chamar español ao BNG.

Susete70 dijo...

Pero penso que teño liberdade individual de expresión ,(polo de agora),so espero pensen o daño que lle están a facer a esquerda,xa se inmolaron co tema Reganosa en Ferrol.
Ah!,en Galiza nunca tivemos problema os galeg@s a hora de expresarnos entre nós,ata que o Feijóo rescatou os "pantasmas".Penso que ti ao facer o comentario de chamarme español,estaste ti mesmo a calificar,é máis penso que eres un PICAFLORES e non fas máis que ir daquí pra alí rajando.É o de que TI non me permites,proba,na casa xa non deron feito bon de min..... .....

Susete70 dijo...

Ah,eu non teño afiliación.O día 27 fun a manifestación,e estiven con compañeir@s divers@s da esquerda.
E seguirei estando nas loitas que eu considere,independentemente de quen sí ou non as faga.

Anónimo dijo...

Parabéns,vai sendo hora de que quiten a careta.
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Anónimo dijo...

Suso tanto che custa dicir nacionalismo? o día 27 fuches a unha mobilización convocada polo NACIONALISMO, non pola esquerda diversa.

Por certo a esquerda esa da que ti falas se sumou a unha convocatoria feita con moita valentia por parte do nacionalismo galego.

Susete70 dijo...

É o dez de Marzo,estarei coa CIG,baixo o lema "Contra o pacto social, movilización, decidamos nós sobre os nosos convenios."
Que é co que me sinto máis identificado actualmente,e non che vou negar que me da magoa pol@s compañeir@s,que estan en CC.OO e UXT,a gran maioria deles-as sintense agredid@s co merdo pacto,tal como vin eu denunciando e atacando dende este mesmo blog.
E sí ser "itinerante" a hora de escoller,e poder facer o que eu penso,faime ter unha etiqueta,ou adxetivo,penso que te trabucas meu.
Saúde.
(Penso que quen debía respostar a isto debia ser o BNG)

fora UPG dijo...

http://reganosademolizon.org/?p=857

Anónimo dijo...

Ademais polo que teño leido que esa nova non é realmente así...Cando vades a esixir o semantelamento da Bazan por construir barcos militares?