3 abr 2011

As Pontes....Carbón, caramelos...e o que lles boten

Carbón;
A raíz do esborralle da demanda eléctrica, e ante a obrigación de cumprir o protocolo de Kioto, que obriga a reducir as emisións de Co2 á atmosfera, As Pontes e Ferrolterra vense ante un novo dilema laboral.


Nas Pontes,por comer a "merda" que se comen, dispuxeron das rendas per cápita máis altas de Galicia, pero a perdida de dignidade laboral tamén a sufriu a térmica pontesa,aos poucos fóronse perdendo dereitos salariais e laborais, axustándose un pouco máis ao que era a realidade laboral de Galicia.


Chegou o momento, sen dilación debemos pagar nosa "cota" ao medio ambiente,e deixar o planeta o "menos mal" posible para nos@s fill@s.temos que deixar de queimar carbón, xa sexa a súa procedencia estatal ou de importación.


Endesa terá que facer fronte á reciclaxe de traballadores, todos estes anos contaminando e xerando ganancias multimillonarias, son suficiente motivo para que asuman as súas obrigas cos-as traballador@s, con Galicia e co Planeta


Caramelos;
Son continuos, por parte do PSOE e do PP,manteñen unha actitude un tanto sospeitosa coa Vila Pontesa


O director xeral de Industria, Jesús Candil, presentou a listaxe de empresas que foron escollidas para ser beneficiarias das axudas do "Plan Ferrol".


Destacan, como é habitual,os investimentos na vila das Pontes .Dous investimentos destacan por encima das demais.A primeira, cun investimento que rolda os 11´2 millóns de euros para a empresa chinesa Daxiong Spain, (para soamente 11 postos de traballo que vai xerar)


A segunda cun investimento de 7 millóns de euros,para a empresa Encapsulantes de Valor Engadido, S.A


E a case segura axuda a empresa  "Picobello Andalucita" (para explotar unha mina en pleno nacemento do río Belelle,no lugar de Pico Vello)


O 31/1/2009, anunciábanse as axudas para unha planta de formigón, esta recibiu 1,2 millóns en préstamos a interese cero do Plan Ferrol e 1,2 máis en axudas a fondo perdido do Ministerio de Industria.


Non é a choiva acida, como adoita ser habitual, é un fluxo de millóns constante para as industrias da vila.As Pontes segue a ser un "obxetivo"


O Lago acido;
Cada un pode facer as súas cábalas e quitar as súas conclusións, pódese pensar que o lago artificial na antiga mina das Pontes,converterase nun "porto deportivo", ou podemos imaxinar esa sisma artificial chea de auga, convertida nun "parque natural"


Pero non vai ser así, a auga,a pesar dos seus índices de non potabilidade, é apta para uso industrial ou mesmo, no terreo experimental.


Lembremos a todos as ganas que teñen moitos políticos das Pontes, á pasteira Ence.Ou deixando levar máis aló a nosa imaxinación,


Sería posible reciclar, e converter a central térmica, en nuclear?

Auga temos!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: