A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
CONVOCA
CONCENTRACIÓN EN FERROL EN REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DA MOZA GLORIA GARCÍA MARTÍNEZ
Gloria García, de 19 anos, estudande da Universidade e con toda unha vida por diante, foi asasinada en Noia nos pasados días, e con ela sumanos outra muller máis vítima da violencia machista, que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indiganción de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Gloria e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo mero feito de selo.
HOXE, XOVES 19 DE MAIO ÁS 20H.
NA PRAZA DE ARMAS,DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

No hay comentarios:
Publicar un comentario