O domingo 8 de Maio a rede de colectivos Galiza Non Se Vende sae de novo a rúa convocando umha manifestación nacional en Compostela que saira ás 12:00 da Alameda. Esta mobilizaçom coincide mais unha vez, con o inicio da campaña eleitoral, porque a cidadania ten muito que dicir en periodo de eleizons, e porque queremos denunciar o saqueo social e ambiental a que esta sendo sometida a nosa terra por parte da corrupta clase politica, a banca e as grandes empresas.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio
Pola tarde, ás 17:00 celebrarase um concerto na Sala Nasa, como peche a III Caravana de Galiza Non Se Vende. Acturan os grupos: Guintervan e GalegoZ presentado polo grupo de teatro Berrobamban. Entrada 5 €.
Os 60 colectivos que forman a rede continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.
CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA
Por unha utilización racional dos recursos naturais
Pola protección do patrimonio natural e histórico
Por unhas rías limpas
Por uns ríos vivos
Pola defensa da nosa soberanía alimentaria
Por un litoral público e natural
Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura
Por uns montes ben xestionados
Pola participación da cidadanía na xestión do noso
Por unha xustiza incorruptible
Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza
Por un transporte colectivo eficaz
Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes
Por unha xestión responsable dos residuos
Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario