1 may 2011

Seguimento do 1º de Maio en Ferrol

Todo aconteceu como cabía esperar,con bastante afluencia,e sen incidencias.
O máis " cachondo" foi o intre no que pola Calle Real baixaban,por un lado CC.OO máis UXT,e polo outro a CIG.A policía demorou o paso da segunda ata que os da primeira deron accedido a Praza de Armas.
Os berros como era de esperar por parte dos compañeir@s da CIG,foron os habituais; "Comisións UXT sindicatos do poder",pero sen máis,moit@s membros da CIG omitiron gritar por respeto aos compañeir@s destes sindicatos.

Dos discursos de Julio Abelleira (CC.OO) e de Cesareo Fraga (UXT),quédome coa crítica que fixeron ao "Merdo Pacto Antisocial" firmado en Madrid por estes sindicatos,suliñaron que estase levando a cabo unha recollida de firmas a nivel nacional en contra deste.




Polo outro lado, na manifestación da CIG,interviron os seus delegados,Xesús A. Lopes Pintos, do que rescato o chamamento que fixo aos afiliad@s de CC.OO e UXT,decindo que tiñan as portas do seu sindicato abertas.Manel Grandal foi,como soe ser habitual nel un "BOCA CHANCLA" fixo un discurso cojonudo,ata que quitou o tema do CARBÓN.A este home non lle entra nos "rizos" que o carbón non é o futuro,parece descoñecer os costes do CO2 para a vida do planeta.




Non poño ligazóns das manifestacións por parte dos medios de manipulación,so decir que se quedan coma sempre curtos no número de manifestantes,e que idiotizan como sempre.
saúde a tod@s

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A Maneliño Grandal so lle faltou pedir o voto para o BNG.

Fátima dijo...

Boas!
Tamén houbo manifestación da CNT en Ferrol. Con saída 12:30/13 do local sito na av. de Esteiro, e que despois de percorrer as rúas dalgúns dos barrios obreiros de ferrol e parte do centro, rematou cun mitín de catro companheiros dos sindicato.(A sec. da Rexional, do SOV de Betanzos, da sección sindical do SEAGA e do SOV de Ferrol).

Lástima que non tiveras pasado por alí, porque estivo ben interesante o que falaron Suso.

Saúde i liberdade.

Susete70 dijo...

Grazas meu,un pracer que pasases por acá,así foi como ti dis.Sabes que istas coincidiron os discursos a hora da vosa,e tiven que dupricarme,tan so puden avisar da convocatoria da CNT.A hora do seguimento foi totalmente imposible cumprir.
saúde e liberdade

Susete70 dijo...

Perdoa o de (meu) Fátima
(as presas)
saúde