Fai uns meses xa houbo varios precedentes, case todos dirixidos contra sedes do PSdeG,e contra sindicatos.
Nada pode xustificar os atentados que se cometeron contra sedes de partidos e sindicatos nos últimos meses.
Non se pode xustificar nin un empurón a un rival POLÍTICO.As verbas,a educación e a tolerancia terán a razón.
(Non fago moito alarde disto que digo,pero non deixarán de ser VERBAS...)
Esta acción é un ataque non só ao PP como partido,senón aos milleir@s de votantes "itinerantes" que votan ao PP,xente que vive "enfrascada" sen abrir o campo de visión a realidade.É un ataque que dará argumentos para que tachen a tod@s de violent@s,e intoxiquen ainda máis.
Milleir@s de persoas veñen de saír a rúa co movimento 15-M,e moit@s outr@s espertaran pronto,esta forma de tomar a rúa e democrática e pacifica,como teñen que ser todas as mostras de disconformidad.
SAÚDE E LIBERDADE
*¿Intolerancia,independencia,intransixencia, inconsciencia, indignación...'''??

No hay comentarios:
Publicar un comentario