16 jun 2011

Non a violencia,nin a manipulación!!

Unha gravación realizada por un dos manifestantes onte ante o Parlamente de Catalunya revelou a presenza de presuntos axentes de policía (Mossos d'Esquadra) infiltrados.Pódese ver como os manifestantes identifican aos posibles causantes dos disturbios,trátase dun grupo de manifestantes con "pinganillo" incluído,os manifestantes acusaronnos de ser os que dificultaron o acceso de varios políticos cataláns até o interior do Parlament de Cataluña, o que derivou finalmente nunha serie de actos vandálicos como lanzamento de obxectos, zarandeos e pintadas.


No minuto 0:36 do video vese claramente que os que provocan os disturbios levan casco e chaqueta (coa calor que facía). Despois, a partir do minuto 2:04 vese claramente a unha muller da policía secreta (chaqueta negra e pantalón pirata) cun casco dentro da mochila (por exemplo min.2:18 ou 3:06). Cando se están indo, o último dos "provocadores" parece levar outro casco na mochila (minuto 3:58). ¿Para que levaría un policía secreta un casco a unha manifestación? Nunca tal se veu...

No vídeo vese que ningún manifestante real provoca ou se mete con "os policías de paisano"
Calquera discrepancia pódese defender democrática e PACIFICAMENTE , o que non se pode permitir é que se defenda coa violencia ou coacción .

Tampouco se xustifican as agresións no Parlament de Catalunya,nin intentos de agresión a Cayo Lara ,durante o acto de protesta contra o desafiuzamento dunha familia en Madrid,ao que acudiu o coordinador xeral de EU a título persoal.

Fago un chamamento a tod@s para que as nosas protestas sigan desenvólvendose e transcurrindo PACIFICAMENTE.

Fonte "Toma a Rúa Ferrol Terra"

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

2 comentarios:

Susete70 dijo...

O video ven de ser censurado.

Susete70 dijo...

Atopeino de novo noutro ,a ver o que tardan