16 jun 2011

A "Política de Desigualdade" de Feijóo PON DACORDO A TOD@S

OUTRA AGRESIÓN DO "MERDO-GOBERNO"  DO P€P€ AOS DEREITOS SOCIAIS....

MESA INFORMATIVA E DE DEBATE
SOBRE A LEI DE FAMILIA

HOXE,XOVES 16 DE XUÑO, ÁS 19:00 HORAS
NA GALERÍA SARGADELOS DE FERROL

INTERVIRÁN:


Vitoria Iglesias, da Marcha Mundial das Mulleres
Beatriz Sestayo, deputada do PSdG no Parlamento de Galiza
Ana Pontón, deputada do BNG no Parlamento de Galiza
Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU


Mulleres e organizacións feministas da Comarca de Ferrolterra organizamos esta mesa informativa e de debate sobre a "Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia", que será aprobada próximamente no Parlamento galego.


Ao noso entender, esta lei supón un guillotinazo aos dereitos conquistados polas mulleres, pois, entre outras cousas, reforza o concepto de familia patriarcal, introduce o recoñecemeto de dereitos para as crianzas concibidas e “non natas”, e incluso paraliza moitas das leis vixentes en materia de igualdade.


Por iso, é necesario máis que nunca mantérmonos informadas sobre o alcance e consecuencias desta lei, e reflexionar conxuntamente sobre as accións que desde a cidadanía podemos levar a cabo para facer oír as nosas voces.


EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS MULLERES, NON Á LEI DE FAMILIA!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: