11 jul 2011

Fukushima II..III..?

A Central Nuclear Cooper, preto de Bronville, en Nebraska, Estados Unidos, notificou á alerta na central, as 4:02 hs. do 19 de Xuño, ante a gran crecida do río Missouri que se atopa a só 4,8Km da central.

Desde o 30 Maio, o persoal da central comezou os "preparativos de emerxencia" (construción de barricadas con sacos de area) á espera da posible chegada dá crecida do río
Rir por non chorar do protocolo de emerxencia,en vez de apagar a central,e adoptar medidas de seguridade de verdade, todo por un "puñado de dolares"

E aconteceu,o previsibe,o nivel do río sigueu a incrementar, e rompeu parte dos diques de contención ,máis de medio metro de auga penetrou e rodeou as instalacións da central.Tras o incidente, fallaron os transformadores eléctricos de 478 megawatios,e activáronse os xeradores de emerxencia.

Pese a todo,os técnicos aseguraron que a planta seguiu a funcionar con "normalidade",aseguran que os sistemas dos reactores non foron afectados,e tamén dixeron (que xa é para "esmendrearse") que seguen investigando as causas do incidente..

Manda wevos!! .. Foi a auga collóns!! .. ou hai qué ser técnico diplomado?

Esta mesma planta xa foi apercibida fai un ano debido que a súa protección ante as inundacións era insuficiente.Dende o mes de abril o seu único reactor permanece apagado para a recarga de combustible. Un incendio no seu sistema eléctrico xa atrasou a súa posta en funcionamento.

Lembrar que a planta, atópase a poucos kms da cidade máis poboada do estado de Nebraska.





Xa aconteceu o mesmo na Central Nuclear de Fort Calhoun, a 20 km de Omaha,o 9 de abril, a central nuclear pechouse por iguais circustancias.




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: