Contrariamente ao expresado por parte da Autoridade Portuaria nalgunhas instancias, as consecuencias do acto que se alega, van moito máis aló das puramente administrativas, como un posíbel aumento do canon de concesión, senón que veñen confirmar ilegalidades que pretenden ter continuación cunha decisión que persegue, despois de modificar o ámbito portuario, aumentar a concesión innecesaria ás empresas Forestal del Atlántico e Reganosa.
nin Forestal do Atlántico nin Reganosa, están desenvolvendo a súa actividade exclusivamente en terreos concesionados ou de titularidade privada, ocupando, hoxe en día, terreos de dominio público non portuarios, desenvolvendo nestes, actividades industriais e usos construtivos incompatibles cos usos autorizables ao abeiro do título III da Ley de Costas.
Fronte a esta situación, lonxe de actuar no eido de restaurar a legalidade e evitar que se continúe a infrinxir a Ley de Costas neste espazo de dominio público, as administracións públicas implicadas, unha por pasiva e outra por activa, están a realizar unha labor de encubrimento da infracción. A saber
- A Dirección Xeral de Costas da Xunta de Galicia, non incoando de oficio un expediente que repoña a legalidade do uso dentro do dominio público, deixando así que os usos e a ocupación non autorizable do dominio público persista.
- A Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, promovendo un expediente de modificación puntual substancial da delimitación dos espazos e usos portuarios, entendendo este paso como necesario á xa prevista concesión de terreos portuarios ás empresas Reganosa e Forestal del Atlántico que hoxe en día ocupan ilegalmente o dominio público.
- O Concello de Mugardos, promovendo unha modificación puntual do PXOM ( aprobada inicialmente polo Pleno con data 2 de agosto ), que, lóxicamente, limita o cambio de cualificación dos solos urbanos industriais á zona das parcelas de titularidade privada, chegando ao deslinde do dominio público marítimo- terrestre vixente.
Sen esta previa modificación puntual da delimitación de espazos e usos portuarios que promove a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, e unha posterior concesión administrativa á empresa Reganosa dos novos solos portuarios, a modificación puntual do PXOM promovida polo Concello de Mugardos sería insuficiente para legaliza-la situación dos usos industriais de Regasificación de GNL da empresa Reganosa (despois da sentenza 00311/2008 do TSXG de data 22/04/2008 anulando a modificación puntual do PXOM aprobada polo Concello-Pleno de Mugardos o 31/01/2003).
Por todas as irregularidades expostas nos puntos 2, 3 e 4 deste documento, non procede realizar unha modificación substancial dos usos e delimitacións do espazo portuario en Punta Promontoiro.
Por todo isto,
SOLICITAMOS:
1.- A retirada inmediata da proposta de Modificación Puntual Substancial da Delimitación dos espazos e usos Portuarios en Punta Promontoiro de Xuño de 2011.
2.- Retirar as concesións que actualmente teñen as empresas Forestal del Atlántico e Reganosa, polas irregularidades de construción e usos, contrarias á Ley de Costas e restitución das superficies ao seu estado primitivo, con cargo ás empresas respectivas.
3.- Se nos remita e incorpore a estas alegacións o rexistro histórico das cargas e descargas de mercancías que se teñen realizado na concesión portuaria da que goza Forestal del Atlántico desde o ano 2000.
4.- Se nos remita e incorpore a estas alegacións relación detallada dos buques que, nos últimos 5 anos, realizaron deslastre dos seus tanques nesas instalacións. Neles deberá constar o nome do buque, volume de slops retirados de cada buque, volume de fuel ou gasoil recuperado e certificado de lodos e refugallos non aproveitables, entregados a empresas de reciclaxe en cantidades e datas concretas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario