20 ago 2011

A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, FAI CHAMAMENTO A CIDADANÍA

A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, tras máis de 15 anos de traballo, está en perigo de desaparición, por falla de apoio das Administracións Públicas.

O próximo luns 22 de Agosto de 2011, ás 12.30 horas, a Asociación LAZOS Pro Solidariedade, concentrarase na Praza de Armas, en Ferrol, para demandar un compromiso, por parte das Administracións Públicas, que evite o peche da nosa entidade.


No contexto do VIH, non avanzar, non se convirte no peor dos escenarios. Volver atrás, a tempos devastadores, é máis ca unha posibilidade na Comunidade Autónoma Galega.
Os comités anti-sida galegos e as organizacións de usuarios de drogas da Comunidade, acabamos de sufrir o enésimo recorte presupuestario por parte da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia. A precariedade, ca que desenvolvemos o noso traballo, as organizacións do ámbito do VIH e da exclusión social, non ven de agora. Nembargantes, é neste momento onde a continuidade das accións emprendidas, hai más de 15 anos, están en perigo de desaparición pola falta de apoio institucional. Recentemente, resolveuse a convocatoria de Subvencións para o presente ano, en réxime de concorrencia competitiva para a realización de proxectos de asociacións e concellos que desenvolven accións de saúde pública no campo do VIH/sida. O primeiro párrafo de dita subvención é claro e determinante: “A infección polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana)e a sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida) continúan sendo un dos principais problemas de saúde pública que padece a nosa sociedade, polo que cómpre impulsar e mellorar as actividades encamiñadas a enfrontalo. (Referencia: DOG Nº 38 do 24 de Febreiro de 2011) Resulta paradóxico definir a VIH e a sida, como un dos principais problemas de saúde pública que padece a sociedade, e por outro reducir un 41 % (276.000,00 euros para o exercicio 2010 e 161.337,00 para o exercicio 2011), as partidas prespuestarias para proxectos que tratan de previr novas infeccións, reducir a morbi-mortalidade dos/as afectados/as e minimizar o impacto da discriminación. As consecuencias a curto e medio prazo que traerá esta reducción (nalgún caso supresión total das axudas)presupuestaria, son sinxelas de predecir en térmos epidemiolóxicos: Maior número de novas infeccións, producidas polo VIH, e maior número persoas que desenvolven a sida; e como consecuencia disto, maior carga asistencial e maior gasto sanitario, que, aviso a navegantes, é costeado por todas e todos. A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, convocante desta concentración, quere por de manifiesto a súa taxante disconformidade cas políticas da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, en materia de VIH, e insta á esta Consellería a restablecer as axudas que reduciu ou eliminou. A Asociación LAZOS Pro Solidariedade quere manifestar o seguinte: • A Asociación Lazos Pro Solidariedade leva traballando no contexto do VIH e da sida dende hai más de 15 anos.

• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, desenvolve tódolos seus programas e proxectos , baseados na evidencia científica e, dende sempre, en condicións de precariedade económica.


• Unha parte importante dos orzamentos da nosa Asociación, provén da convocatoria que foi recortada. No caso da Asociación LAZOS Pro solidariedade, o recorte foi do 17 %, para o presente ano 2011 e do 100 % para o Colectivo Moucho de A Coruña e ASUT de Ourense.


• O actual sistema de financiación dos proxectos, e os requisitos para a aprobación destos, na convocatoria de VIH da Xunta de Galicia, parécenos un disparate. Se financian proxectos con cuantías máximas de 3.500 €/ano e se valora: 1) que haxa profesionais contratados 2) Que os proxectos non sexan accións puntuais. (con 3.500 €), 3) que se dispoña de local arrendado ou en propiedade, 4) ter a entidade unha acreditación de calidade, etc, etc. Estos requisitos baten de fronte co orzamento co que se financian, polo que nos parece un contrasentido.


• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade participa na organización, como colectivo asesor e consultivo, das xornadas de coinfección (VIH-VHB-VHC) que se celebran, a nivel estatal, dende hai varios anos. Participa como ponente en Diferentes congresos e eventos de recoñecido prestixio, en materia do VIH. Sempre de forma desinteresada.


• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, foi pioneira en Galicia, en implantar as probas de detección rápida do VIH e do VHC (virus da hepatite C) sen ningún tipo de financiación por parte das Administracións Públicas.
• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade prioriza a contración de persoal directamente afectado, para desenvolver os seus proxectos.

• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade presta asistencia a máis de 25 persoas diariamente que se atopan en situación de vulnerabilidade social.
A Asociación LAZOS Pro Solidariedade non é soamente un colectivo de afectados/as polo VIH, as drogas e profesionáis, que desenvolve proxectos de prevención do VIH, de prevención das drogas e de prevención da Exclusión social. En palabras dos/as usuarios/as (que son os verdadeiros e principais perxudicados por estes recortes).

A Asociación LAZOS Pro Solidariedade é:

“É un lugar de permanencia para persoas afectadas polo VIH e/ou as drogas”.

“É un lugar onde se defenden os dereitos e se promoven os deberes dos afectados polo VIH e as drogas.”

“Ë un espazo (socio)sanitario de ámbito comunitario para a valoración rápida e primeira acollida.Te fan curas, te fan probas rápidas en saliva do VIH e da virus da hepatite C, te facilitan preservativos de tódalas clases, kits de inxección, e todo isto nun entorno amable, respetuoso e confidencial.”

“Ë un punto de reunión para as persoas que non temos un espazo onde se nos permita participar. En LAZOS podemos: facer reunións, conferencias, debates, ver películas, conectarnos a internet, hai rede wifi e podemos xogar a xogos de mesa”

“LAZOS sírvenos como punto de referencia para a orientación das nosas xestións administrativas.”

“Para os que non temos ningunha prestación económica, a Asociación é o noso punto de abastecemento de alimentos.”

“Ë onde vou a almorzar tódolos días de luns a venres.” “Ë un espazo onde non te discriminan sexas quen sexas.”

“Ë o único lugar onde podo atopar a persoas que pasaron polo mesmo que eu estou pasando, e por iso me sinto ben en LAZOS.”

“De LAZOS.sinto que é a familia que non teño”.

“ Nas saídas de grupo hai xente moi diversa e quen sabe, ata podo ligar”

“Na Asociación non me sinto cuestionado pola miña orientación sexual”.

“Os seus profesionais danme apoio emocional, compañía e me escoitan.”

A próxima medida inmediata e derivada destes recortes, é o despedimento de traballadores da Asociación. Situación que vai en detrimento da calidade na atención das persoas, ás que lles prestamos asistencia. Non podemos facer o mesmo, nin máis con menor orzamento.
Por todo elo, INSTAMOS á Xunta de Galicia a que restableza as partidas recortadas ou eliminadas co fin de garantir a continuidade das accións e ao Concello de Ferrol, a que manteña o compromiso coas entidades non caritativas, que traballamos cas persoas máis desfavorecidas. A Xunta Directiva de LAZOS

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: