19 sept 2011

Arranca o Foro Social de Ferrol Terra

Para asistir ao Foro Social, recomendo cubrades o formulario de inscrición, co fin de mellorar e poder organizar o evento. No caso de que sepades de alguén que queira asistir pregase que lle comuniques a importancia de inscribirse

É un evento que paga a pena aproveitar ao máximo, non só polo esforzo que significa a súa organización, senón pola importancia do mesmo.

O día 23 Manifestación, baixo o Lema
"Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida"

Saída ás 19:00h, dende o Campus de Esteiro, na esquina da Rúa San Ramón con Doutor Vázquez Cabrera. A Manifestación discurrirá por diversas rúas de Ferrol, e rematará no Cantón, diante do Palco da Música, onde terán lugar diferentes intervencións.


Unha vez rematada a manifestación dará comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finaliza a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao, Maria Manuela e As Cantareiras de Trasancos.

Pregase a difusión



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: