18 oct 2011

Concentración en Defensa do Ensino Público

Hoxe martes 18 de Outubro, ás 20:00h, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, terá lugar unha concentración, baixo o lema "en Defensa do Ensino Público e contra os recortes da Xunta de Galicia"

A Unión Comarcal da CIG de Ferrol anunciou tamén os actos que vai desenvolver nos vindeiros días con motivo da campaña nacional “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos públicos”.

Mañá, mércores 19 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar nos Cantóns de Molíns unha asemblea aberta a toda a cidadanía na que participarán os voceiros comarcais da CIG de Ferrol e o Secretario Xeral, Suso Seixo


Manifestación en Compostela

Este programa de mobilizacións enmárcase no calendario de actos que a central sindical está a realizar por todo o País con motivo da campaña “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos públicos”, que culminará o vindeiro 23 de outubro cunha manifestación en Compostela, ás 12:30 horas, que sairá dende a Alameda.

Máis info en: http://www.galizacig.com/avantar/novas/13-10-2011/a-cig-de-ferrol-presenta-o-programa-de-mobilizacions-con-motivo-da-campana-si-exist




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: