15 nov. 2011

Aprazado o macroxuízo polo bloqueo da ría de Ferrol en maio de 2007

No banco, sentanse nove mariscadores, se lles imputan delitos de coaccións e desobediencia grave á autoridade.

Trátase do bloqueo ao gaseiro 'Galicia Spirit' na entrada á ría de Ferrol, acontecido o 7 de maio do 2007.

A incomparecencia por causas médicas por parte de Bernardo Bastida (ex patrón maior da confraría de pescadores de Ferrol), motivou a suspensión da vista.

O xuízo, queda apr
azado até o próximo 26 de xaneiro do 2012, (que será o día no que a acusación leva os seus testigos), e retomarase catro despois, o 30 dese mesmo mes.

Parece ser que a empresa R€GANO$A, "descoñece", que foi o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" quen plantou cara a posta en funcionamento da IL€GAL e P€RIGO$A planta de GA$ de R€GANO$A.

As embarcacións pecharon á canle de entrada á angosta ría. Nesas embarcacións iba boa parte da cidadanía de Ferrol Terra, até os medios gráficos chegaron a usalas co fin de cubrir a noticia. O 'Galicia Spirit' tentou pasar até en dúas ocasións. Ante a imposibilidade de entrada, dous días máis tarde, o 9 de maio, prohibiuse a navegación na ría e fixose un amplo despregamento de forzas de seguridade. O 27 do mesmo mes, a entrada do buque 'Mourad Didouche' estivo rodeada de novas protestas, que chegaron a provocar a detención de Bernardo Bastida (ex patrón maior da confraría de pescadores de Ferrol) que foi ingresado no penal de Teixeiro durante 17 días.

Días despois, Ferrol foi protagonista dunha manifestación de máis de 10.000 cidadáns pedindo a liberación de Bernardo Bastida

O Comité Cidadán sostén que a instalación da regasificadora en Mugardos é "ilegal, como así ditaminou o TSXG". Consideran que "supón un perigo para a vida de miles de cidadáns", como situación de máximo risco, pero que tamén leva inseguridade a curto prazo: "acelera a destrución da ría, medio de vida de centos de mariscadores e das súas familias".

Desde o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", entidade que agrupa a varias decenas de asociacións cidadás, insístese en que se está a culpabilizar a integrantes dun colectivo amenazado polo deterioro do medio en que se desenvolve o seu traballo, e se lles intenta imputar unhas accións convocadas polo "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", que loita na defensa da Ría e da vida dos seus habitantes.

O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" autoinculpouse dos feitos acontecidos, este alegato foi desestimado.

A Planta de GA$ de R€GANO$A, é IL€GAL, P€RIGO$A e innecesaria.
Foi reubicada no interior da Ría en beneficio dos seus intereses económicos, incumplindo a legalidade segundo manifestou o TSXG, gozan de total impunidade e pretenden duplicar a capacidade da mesma, sin que a súa producción alcance siquera o 40% da actual, co único fin de seguir inlflando a burbulla enerxética e aumentar os seus beneficios a costa da cidadania que fai frente de xeito ao incremento das tarifas do gas e da electricidade.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai uns días colgaba neste blog un comentario que aínda non teño moi claro porqué non se acabou publicando.
A cousa ía dalgunha extraña ligazón que atopei neste mesmo blog. Buscando información sobre a corrupción nos concellos da comarca, vin un blog de Pontedeume que tedes enlazado que me pareceu curiosísimo, tanto pola súa estética, como polo seu contido. Preguntando a algúns coñecidos, souben da existencia dun membro das forzas de seguridade do Estado, autor deste blog, e dado a moi diversas e curiosas actividades. Evidentemente, a parte das rarezas, preduntéime que simpatías, aproximacións ideolóxicas ou afinidades tedes con este blog.
Se é posible que me contestedes, agradeceríavolo.
saúdos

Lois Pena Franqueira

Susete70 dijo...

Ningunha, nin o coñezo de nada.Simplemente o que che referenciei no outro comentario. De feito todalas ligazóns que ollo na parte inferior dereita son de bloges amigos, e pese a ser en castelán interpreto que garda un respeto aos galegofalantes (por ligazóns que ten). Xa che digo, nunca ollei nada que me poidera dar lugar a "sospeita". Eso que me dis tereino en conta e ollareino máis a miudo. Despois de que leas iste comentario dame un aviso e os elimino, non teñen porque ollarse teus apelidos. E grazas pola info, saúde

Anónimo dijo...

Grazas por ternos informados de todo o relacionado con REGANOSA . Parabéns polo voso traballo incansable.