O gaseiro sufriu unha avaría na máquina do buque que impedíalle navegar a máis de 2,5 nós de velocidade. A inmensa arboladura do barco converteuno nun auténtico buque de vela, anulando totalmente o autogoberno do Arctic Princess, e quedando a merced do vento.
A primeira intención dos técnicos era a de levalo até a ría de Ares, onde largaría áncoras. Pero o capitán do buque considerou que esa alternativa podía resultar perigosa. Os partes meteorolóxicos informaban que a forza do vento ía ser superior, e sobre todo de que se ía a levantar mar de fondo con ondas de entre 4 e 5 metros, e que estas condicións podían facer garrear as áncoras e que o barco quedase de novo á deriva.
Nestes intres dous remolcadores, o Ibaizabal Nove e o Ibaizabal Dous, prestan servizo ao buque, e xunto estes atopase o Sar Gavia (Remolcador de rescate)
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
A primeira intención dos técnicos era a de levalo até a ría de Ares, onde largaría áncoras. Pero o capitán do buque considerou que esa alternativa podía resultar perigosa. Os partes meteorolóxicos informaban que a forza do vento ía ser superior, e sobre todo de que se ía a levantar mar de fondo con ondas de entre 4 e 5 metros, e que estas condicións podían facer garrear as áncoras e que o barco quedase de novo á deriva.
Nestes intres dous remolcadores, o Ibaizabal Nove e o Ibaizabal Dous, prestan servizo ao buque, e xunto estes atopase o Sar Gavia (Remolcador de rescate)
A VOZ DE GALICIA INFORMA MAL, pois din co destino deste gaseiro era o porto de Hammerfest, para logo CONTRADECIRSE dando a versión OFICIAL, que conta co gaseiro saíu para efectuar unhas probas.
A versión OFICIAL, conta na prensa que o gaseiro está a 12 millas da costa da Coruña. Debe ser co fin de non alarmar a poboación, pois chegou a estar a 3 Millas da Coruña e Ferrol. (Tal como amosa a fotografía da ruta trazada)
Ao mesmo tempo outro gaseiro, o Barcelona Knutsen, está dando "tumbos" pola costa agardando que mellore o tempo para poder entrar a descargar en Reganosa.Ambos gaseiros cruzaronse a escasas 2 Millas marítimas .
E para REMATALA, entre a ría de Ares e Sada temos fondeado ao buque gaseiro B Gas Ettrick, cargado milleiros de Toneladas de propileno, que procede de Xixón e tivo que buscar refuxo.
Nesta foto podemos ollar en cor vermello todolos buques cisterna que pasaban a un tempo pola costa galega.
Pois tres van ter que pernoctar esta noite preto da nosa costa. Pois o forte vento, as ondas e a pouca visibilidade non van remitir en todo o día de hoxe.

ACTUALIZACIÓN ÁS 20:00 Hs, o gaseiro que tiña previsto descargar en Reganosa, o Barcelona Knutsen atopase nas costas asturianas.
O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou hoxe súa "105 Protesta Lexitima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol
No hay comentarios:
Publicar un comentario