22 dic 2011

"108 IL€GAL"

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 108 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 108 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta,e o transito de gaseiros na nosa ría.

CONCENTRACIÓN, SÁBADO, 24 DE DECEMBRO 2011, ÁS 19 Hs. na Praza de Armas - Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia considera que a pesar de tratarse dunha data sinalada e de tradicional celebración na familia e no entorno de amizade e veciñanza, debemos facer un novo exercicio de responsabilidade e firmeza na demostración de que seguiremos a amosar á cidadanía de Ferrolterra que a Planta de Gas é un perigo permanente para todos e todas, un despropósito e un fraude que, coa complicidade de todas as Administracións, se está a manter só en beneficio dos seus promotores.
Onte, hoxe e sempre..

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !

Cheikh el Mokrani
CARACTERÍSTICAS DO BUQUE:
Nome.- Cheikh el Mokrani, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 220 m, Manga.- 35 m, Calado.- 10.75 m, Puntal.- 22.55 m, Capacidade.- 75.500 m3 de GNL


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: