19 feb 2012

Ferrol manifestase contra a Reforma Laboral

Unha marea cidadán deuse cita hoxe na manifestación contra a nova Reforma Laboral do P€P€.

A manifestación pese a estar convocada por CC.OO, UXT e USTG congregou a moit@s compañer@s da CIG, que sí quixeron participar desta loita pola dignidade.

Segundo os sindicatos convocantes foron máis de 25.000 persoas, e unhas 15.000 segundo as estimacións policiais.

Penso que a policía vén de posicionarse co pobo, que é con quen teñen que estar pois as agresións sociais do capitalismo do P€P€ e dos Mercados financeiros non van deixar títere con cabeza.

Agardaremos agora cos sindicatos sexan consecuentes co grave momento que estamos a vivir, e sexan quen de sentarse a falar e limar as diferenzas para poder converxer na acción social d@s traballadores/as, que é o que demanda a sociedade.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: