O venres, 9 de Marzo, no Salón de actos do Vicerreictorado de Esteiro, terá lugar a presentación do Libro Biográfico da vida de Rafael Pillado.
"O latexo da vida e da conciencia"
Coa edición deste libro a ÁS Fuco Buxán quere render unha homenaxe a todos os traballadores e ao Movemento Obreiro de Ferrol Terra, en conmemoración do 40ª Aniversario dos Sucesos do 10 de Marzo de 1972, no que a policía Franquista disparou contra unha manifestación dos traballadores do naval, dando morte a Daniel Niebla e a Amador Rey
As duas mortes e a morea de feridos polo ataque policial provocaron unha resposta fulminante e unánime dos ferroláns e ferrolás, un rexeitamento a aquelas accións fora de toda medida. O réximen pretendía producir unha grande conmoción a sangue e lume que xustificase despedimentos e cadeas para desfacer a organización opositora dos traballadores. O réximen daba por perdido o seu control sobre esta comarca, como recoñecía o xefe do servizo secreto, Coronel San Martín, e quería reprimilo custase o que custase.
Por estes feitos acaecidos en Ferrol, conmemorase o 10 de Marzo o Día da Clase Obreira Galega
RAFAEL PILLADO LISTA, Foi un destacado militante do Partido Comunista cando esa formación aínda estaba na clandestinidade durante a ditadura de Franco, formación da que foi elixido Secretario Xeral en 1979, foi tamén un dos fundadores de Comisións Obreiras de Galicia. A súa militancia obreira custoulle ser procesado en 1972 no chamado "Xuízo dos 23", o último dos grandes procesos realizados polo Tribunal de Orde Pública (TOP), unha instancia xudicial do Franquismo tardío. Foi condenado en 1975 e amnistiado en febreiro do ano seguinte.
Actualmente é directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán, membro do Comité de Emerxencia Cidadá para a Ría de Ferrol, creador das Mesas de Converxencia Social en Galicia e un longuísimo historial de loita social.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario