1 mar. 2012

CONCENTRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES "EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!"

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
"EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!"

CONCENTRACIÓN EN FERROLTERRA
XOVES 8 DE MARZO ÁS 20.00 HORAS
CANTÓN DE MOLÍNS (FERROL)


A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a sumáreste á Concentración que terá lugar o xoves 8 de Marzo ás 20.00 horas no Cantón de Molíns de Ferrol, co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

Nesta ocasión, como resposta ao recrudecemento do machismo nas institucións e á ausencia de políticas de igualdade reais, a Marcha Mundial das Mulleres, xunto a outros colectivos da Galiza, lanza unha campaña nacional conxunta para o 8 de Marzo baixo o lema MULLERES GALEGAS, EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!!

Nesta campaña realizaranse numerosas actividades nas diversas localidades e comarcas galegas, e rematará nunha gran Manifestación Nacional contra os efectos do capital nas nosas vidas, en defensa dos nosos dereitos políticos, sociais e reprodutivos, para construirmos un mundo máis xusto dende o feminismo e o anticapitalismo.



MANIFESTACIÓN NACIONAL

DOMINGO 11 DE MARZO ÁS 12.00 HORAS

SAÍDA DA ESTACIÓN DE TRENS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PARTICIPA!

De haber suficiente xente interesada en acudir a esta Manifestación desde a comarca, a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES e a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA fletarán un autobús gratuíto para desprazármonos a Compostela, con saída do edificio de Correos de Ferrol ás 10:30 horas e volta ao remate da Manifestación.

Para apuntarte, chama ao teléfono 667 685 430 antes do 8 de Marzo

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

6 comentarios:

Anónimo dijo...

a ver si me aclaro, para a manifa do domingo 11 a CIG ponherá autobuses para ir a compostela?

Susete70 dijo...

Sí, corren a medias cos gastos, sempre que dean enchido o bus.

Tedes que reservar praza neste teléfono: 667 685 430

saúde

Anónimo dijo...

vale, entendo entón que esa manifa nacional, nom é a mesma q convocan para ese mismo día outras centrais sindicais en tudas as cidades nom? acumulaseme o choio!!!!

Susete70 dijo...

Pois non sei a que manifas te refires, eu en Galiza so sei dista, e xa che digo é convocada pola MMM, aínda que conte co respaldo da CIG neste caso. Aínda así, vou ollar a ver que máis hai artellado para esta data, pois o descoñezo. Un saúdo compañeir@

Anónimo dijo...

MOVILIZACIONES CONTRA LA REFORMA LABORAL
Los sindicatos convocan nuevas manifestaciones el 11 de marzo

Anónimo dijo...

pasoche esto por si che interesa, dos COCOS, manifa contra a reforma laboral:
A CORUÑA DE: Praza da Palloza HORA: 12,00
A: Obelisco

FERROL DE: Praza do Inferniño HORA: 12,00
A: Praza de Armas

SANTIAGO DE: Alameda HORA: 12,00
A: Praza das Praterías

LUGO DE: Sede Sindical (Rda. da Muralla) HORA: 12,30
A: Subdelegación do Goberno (Praza Armañá)

COSTA LUCENSE CONCENTRACIÓN: Praza da Mariña (BURELA) HORA: 12,30

OURENSE DE: Pavillón de Os Remedios HORA: 12,00
A: Subdelegación do Goberno

AROUSA DE: Avenida da Mariña HORA: 12,00
A: Praza de Ravella

PONTEVEDRA DE: Praza da Ferrería HORA: 12,00
A: Subdelegación do Goberno

VIGO DE: Cruce de Vía Norte HORA: 11,30
A: Edif. Admtvos. Xunta de Galicia