13 mar 2012

Hoxe xuntanza do Encontro Social de Ferrol Terra

Hoxe, Martes 13 de Marzo de 2012, está convocada a Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da construción dunha Rede de Apoio Mutuo

Esta Asemblea está aberta a toda persoa ou entidade que queira participar na constitución do Encontro Social e a Rede de Apoio Mutuo.

Ollo ! pois esta reunión non se vai celebrar como viña sendo habitual nas outras catro Asembleas Plenarias, no Local da Asociación Veciñal de Esteiro, dado que á mesma hora vai ter lugar nese local unha reunión dunha unidade veciñal, polo que a Asemblea vai ter lugar no Local Social da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa "San Carlos", a pouco máis de 100 metros da Asociación Veciñal.

Proposta de obxectivos e orde do día da Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 13 de marzo.
Lugar: Local Social da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa "San Carlos", rúa Fernando VI, bloque 3, edificio anexo (a pouco máis de 100 metros da Asociación Veciñal de Esteiro, indo na dirección e sentido da casa do Patín – Ver Plano).
Horario: de 19 a 21 horas.

Obxectivo da reunión:
Realizar unha avaliación colectiva das actividades e propostas das Comisións e ampliar as actividades do Encontro Social de Ferrol Terra.

Temas a tratar:

1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida

2ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas.(16-3-2012)
Cooperativa en construción.
Proxecto de Mercado de Troque.

2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.

3- Propostas e novas comisións.

4- Información da Plataforma pola Defensa da sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol:

As asociacións veciñais da Graña, Brión, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña.

Este xoves 15 de Marzo de 2012, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que só pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.

http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: