10 mar. 2012

Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega"

Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" CIG



Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" CC.OO




A ofrenda floral de CC.OO aos compañeiros Daniel e Amador, viuse enzoufada pola actitude de "cinco" que cren ser o "15 M".

Portaban unha pancarta na que se podía ler o lema "Toxo, Mendez, Traidores". Non tería maior importancia se a pancarta a soubesen levar con dignidade (pois non minte, e de feito xa a usaron o pasado día 19) pero tentaron cobrar un protagonismo que non teñen na rúa, como é de supor, foron recriminados, un deles ata tivo sorte de que non lle rompesen a cara.


O "15 M" somos todos os que saímos á rúa a indignarnos, non é patrimonio destes cinco.

A falta de respecto por parte destas persoas, na ofrenda floral aos compañeiros Daniel e Amador non ten desculpa.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ya que es gratis opino yo también:

Estamos de acuerdo los tres en que Toxo y Méndez son unos traidores de la clase obrera.

Lo que no tiene nombre es la actitud de 4 matones de CCOO que emplean de esa manera la violencia contra unos pacíficos "disidentes" en un acto que no es de ellos, sinó de la clase trabajadora ferrolana, y que si se ve "enfouzado" es por la presencia de estos chupocteros (Toxo, Rey Varela y compañía), y no por la de unos cuantos indignados con razón...

Susete70 dijo...

Estou completamente de acordo co que dicía a pancarta. Tamén comparto o que dis de Rey Varela, pero tes que darte conta que este acto de homenaxe está institucionalizado por parte do Concello correspondente. (e instrumentalizado tamén).
Estou en desacordo co de Toxo, (aínda que a ninguén lle agrade, a min o primeiro). nestes intres segue sendo o actual Secretario Xeral de CCOO.
Referente aos compañeiros que se enfadaron, eu non os chamaría matóns, creo que demostraron abertamente noutras manifestacións a súa capacidade de "encaixe". E tal como aconteceron os feitos creo que estas cinco persoas tiveron sorte (Non lles chamo Indignados, porque a indignación non naceu o 15 M, Indignados estamos todos hai moitos anos)
http://ferrolsuso.blogspot.com/2011/11/xogando-galina-cega.html
Saúde

Anónimo dijo...

Sigo dacordo contigo en varias das cousas que dis, a indignación non é patrimonio de ningún grupúsculo, niso tes razón. Tamén tes razón en que os da pancarta non foron moi prudentes, falando dende o ponto de vista estratéxico.

Máis a memoria histórica tampouco é patrimonio de ningún grupúsculo.

Eu nacín nas sindicais de San Pablo, o bairro de Amador e Daniel, anos despois de que foran asasinados. Ou sexa que o aconecido o 10 de Marzo do 72 marcou dalgún xeito a miña vida e xeito de ver o mundo. Durante toda a miña vida teño escoitado falar daqueles homes e daqueles días e, a pesar do fundo respeito que teño pola súa memoria, ou precisamente por ese fundo respeito, endexamáis acudo ao ato institucional "na súa memoría", que non é máis que unha INSTRUMENTALIZACIÓN da mesma para os fins partidarios e partidistas dalgún espabilao.

Cabería preguntarse porque as familias de Daniel a Amador, quenes sen dúbida teñen máis direito que ninguén a reclamar a súa memoria, non acoden tampouco a estos atos. As veces preguntome que cara poñerían Daniel e Amador se puideran ver en que se convertiu esa data.

E para ir rematando, a violencia destes matóns é inxustificable ate o ponto de que varios dos seus compañeiros lles recriminaron esta atitude, polo que teño entendido.

Susete70 dijo...

Sigo decindo que non eran matóns, eran compañeiros,(foron un par deles, non máis) e claro que foron recriminados, so faltaría, un dos que interveu para recriminar a actitude destes fun eu.