30 mar 2012

Traballo previo contra os empresarios caciques

Ás 24 h dábase por iniciada a xornada informativa dos piquetes. Destacar a camaradería reinante entre @s compañeir@s participantes, xentes do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, PSOE, USTG, UXT, asociacións, e moitos outros colectivos.

A xornada non impedía o acceso @s traballadores, simplemente informaba aos comerciantes caciques do que nos estamos a xogar nesta longa loita.

A única agresión foi feita por parte da Policía Local.
O agredido foi Juan José Couso, piquete e membro da executiva comarcal de UXT, o incidente se produxo de madrugada no Ensanche, segundo a versión do agredido foi sen ter feito nada, simplemente que o viron correndo.

Os momentos máis tensos da xornada vivíronse na porta traseira do Concello de Ferrrol, pola que accedían os esquirois (que aínda quedan). Pois a maioría d@s empregad@s de servizos mínimos accedían pola entrada principal se ningún problema.

A Policía Local decidiu asumir unhas funcións que correspondían a Policia Nacional, que se limitou a parapetarse e esconderse detras d@s axentes da Local. No ambente respirábase a agresión sufrida polo compañeiro de UXT, pero a cousa non pasou a máis. Cando @s piquetes abandonaron a zoa os axentes montaron nos seus coches, o que descoñecían é que quedaran inservibles polos pinchazos.


O hipermercado Alcampo, coma sempre, de costas a realidade social, fixeron ir a moit@s empregad@s para tentar abrir as súas portas. @s empregad@s accederon sen impedimento por parte dos alí congregad@s. Pero ao final en vista a ola a presión que había no exterior decidiron non abrir.





@s que lles da que falar dos 15 contenedores de lixo queimados (por uns 600 piquetes), máis lles dará que falar que o Sr Feijóo deixe que se queimen cada día miles de hectáreas dos bosques galegos.




Vídeo da actuación dos piquetes en Alcampo Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: