21 abr 2012

BOICOTE!!

O pasado xoves, día s 19, os sindicatos CIG, UGT, CCOO e USTG despregáronse ás portas do hipermercado Alcampo, nunha campaña de sensibilización á cidadanía, denunciando a actitude insolidaria amosada polas grandes superficies o día da Folga Xeral.

Repartíronse panfletos denunciando esta actitude, e invitan @s cidadáns a realizar as súas compras no pequeno comercio de Ferrolterra. Deste xeito os sindicatos tamén agradecen a solidariedade amosada polo pequeno comercio de Ferrolterra, que decidiu sumarse á xornada de Folga Xeral do pasado 29-M. Así como tratar de concienciar a xente do importante que resulta dar vida a este pequeno, pero a vez imprescindible comercio.


XA SABEDES.. Nestes tempos de crise, especialmente agudizada na comarca, o hipermercado Alcampo, Mercadona, Hipercor, Gadis e Froiz, viven de costas aos problemas d@s traballadores/as de Ferrolterra

BOICOTE!!

Video feito o día da Folga no exterior do hipermercado Alcampo

Tamén quero facer un chamamento a tod@s @s que mercades algún xornal, en Ferrol temos o Diario de Ferrol, e pese a que as veces tamén se alía co poder, lembrar que é importantísimo para Ferrolterra ter un medio de difusión local.

BOICOTE A COZ DE GALICIA!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: