2 abr 2012

Concentración en Ferrol ¡¡LUMES NUNCA MÁIS!!

Dun xeito esporádico dende as Redes Sociais se artellaron diversas concentracións en Galicia baixo o lema ¡¡LUMES NUNCA MÁIS!!

Estamos a falar dunha desfeita ecolóxica sen precedentes, tan so comparable cos desastres cometidos por petroleiros nas costas galegas, ou o milleiro de incendios que asolaron Galicia o pasado ano.

En Ferrol foron entre 400/500 cidadáns @s que tomaron a rúa nesta concentración;

En rexeitamento aos recortes da Xunta do P€P€ en prevención de lumes

Contra a actuación lenta e bochornosa levada a cabo na extinción do incendio nas Fragas do Eume.

Pola rexeneración inmediata das Fragas

Pola depuración de responsabilidades políticas.

Pola axilización da actuación das forzas do orde público para levar ante a xustiza o/os responsable/s deste atentado ecolóxico sen precedentes.


¡¡LUMES NUNCA MÁIS!!



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: