Mañá, domingo día 29, ás 12:00h, terá lugar unha Manifestación en defensa do Ensino e a Sanide Públicos.A Manifestación sairá da Praza do Inferniño e percorrerá as rúas de Ferrol, para acabar rematando na Praza de Armas.
Desta volta, convocan os Sindicatos CCOO, UGT e USTG.
Nestes intres de desmantelamento dos servizos públicos e sociais, de Copago na sanidade, de atraco nas taxas de matriculas para a universidade, subida na nota media para aceso a becas, masificación das aulas, despedimentos, incremento de xornadas de traballo, etc, etc...
Cumpre dar respostas continuas e sen tregua algunha, e a poder ser amosando a unidade de tódolos sindicatos, asociacións e colectivos de Ferrol Terra.
NESTES INTRES NON SO LOITAMOS POR NÓS, FALAMOS DA SAÚDE E EDUCACIÓN D@S NOS@S FILL@S E NET@S
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario