24 abr 2012

Marcha improvisada do Naval ata o Concello de Fene

Hoxe ás 10:30 h. tiña lugar en Navantia Ferrol unha asemblea d@s traballadores/as, na que por unanimidade decidiuse emprender unha camiñada ata a o Concello de Fene. Aparte de pedir a construción inmediata do dique flotante, tamén se quixo amosar a solidariedade coa Cofraría de mariscadores de Barallobre, que levan a cabo un peche no Concello fenés, dende fai case un mes, debido aos impagos da Xunta do P€P€, polas labores de rexeneración dos bancos marisqueiros. (A Consellería do Mar debe máis de 400.000 €. a Cofraría de mariscadores de Barallobre)

Na asemblea aprobouse para o próximo xoves, realizar encerros nos estaleiros de Ferrol e Fene ata as 17:30 h. Hora na que se saberá a resolución plenaria dos municipios da bisbarrana, da que se que se agarda ter unha declaración de respaldo para sector Naval.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/naval-ferrolano-manifiesta-sorpresa/idEdicion-2012-04-24/idNoticia-743139/


Hoxe mesmo, traballadores/as do sector naval de Vigo, encerráronse na sede territorial da Xunta en Vigo para reclamar unha solución urxente para o sistema de bonificacións para a construción de buques -tax lease-, bloqueado en Bruxelas dende xuño de 2011.

No hay comentarios: