12 abr 2012

O Concello de Ferrol pechou as portas ao naval.

Hoxe tivo lugar na Praza de Armas de Ferrol, unha Asemblea Aberta do Naval, ao remate da mesma, e con previa notificación ao Concello, os representantes dos traballadores/as tiñan previsto secundar un "encerro simbólico" ata as 18:00 h, hora na que estaba prevista unha reunión cos alcaldes da bisbarra e representantes de tódolos grupos políticos.

Non obstante, o Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, ordenou pechar as portas aos representantes do Naval.

Cando @s traballadores/as chegaron ao Concello encontráronse con que estaba pechado e literalmente "tomado" no seu interior e exterior por membros da brigada de intervención rápida da Policía Nacional.

Unha provocación por parte do DESGOBERNO MUNICIPAL, encabezado "polo de agora" Alcalde, José Manuel Rey Varela, ao que ben se lle podían aplicar as NOVAS MEDIDAS ANTIDEMOCRÁTICAS anunciadas polo ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, para facer fronte a actos vandálicos.

É UNHA PROVOCACIÓN FORA DE LUGAR PECHAR A CASA DO POBO, E MÁIS CANDO NON PUXERAN OBXECCIÓN ALGUNHA AO PECHE PREVIAMENTE NOTIFICADO.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: