5 abr. 2012

Santo Enterro do Naval, Semana Santa de Ferrol

Como bo devoto hoxe participei do "Santo Enterro", magoa que o morto é o Naval de Ferrol, o P€P€ ven de darlle puntilla ao paralizar a opción de construción do novo dique flotante para Navantia. Outro despropósito do DESGOBERNO tanto de Rajoy como do seu "mamporreiro" en recortes na "Xunta de España en Galicia", o Sr. Feijóo.

Queda ben claro que Ferrol Terra queren acabar de afundila, so vai ser un vertedoiro de lixo de catro empresas contaminantes.



Foi "cachondo" ver hoxe os contraste nos rostros deses cidadáns, "@S OUTR@S", @s que viven de COSTAS A REALIDADE, @s que pensan que Ferrol é a Armada, Praza de Amboaxe, Semana Santa, e o Fashion Night Ferrol (para manter o comercio con vida)...

Ben poden durmir tranquilos, temos un Alcampo Ferrol e un Dolce Vita Odeón.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 comentario:

Anónimo dijo...

Unha vez mais e ,va un lote delas,graciñas polo aporte fotografico deste acto procesional que representa a verdadeira realidade de Ferrol.Graciñas Susete polo teu aporte