10 abr 2012

A UNIDADE SOCIAL PAROU O DESAFIUZAMENTO

Hoxe ás 12:00 h, tivo lugar unha concentración diante da oficina central do BBVA, na Praza do Callao (Ferrol) para evitar o inxusto desafiuzamento do café bar O Carballo.

Recordemos que a devandita entidade adquirira un compromiso verbal cun dos seus empregados, Pedro Bastida, polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que Pedro conseguiu mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar a súa vivenda. Hai uns días Pedro decatábase de que o BBVA se retractaba do compromiso adquirido e decidía proceder ao desafiuzamento, este embargo levaríase por diante catro postos de traballo.




Ao final a solidariedade e a presión social lograron que o BBVA cumprise a palabra dada por parte do Director da sucursal a Pedro, non lles quedou outra que aceptar o talón bancario por valor de 66.000 €, que saldaban a débeda con esta entidade.

Dende esta bitácora quero felicitar a todas as persoas, asociacións, colectivos, partidos políticos e sindicatos que arrouparon Pedro e o resto de empregad@s nesta loita digna e lexitima. Así como Felicitar a Patricia Hermida, xornalista do Correo Galego, e ao Diario de Ferrol polas súas crónicas e difusión desta inxustiza.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: