18 may 2012

1ª XORNADA COMUNITARIA POLO FUTURO DO NOSO MERCADO

Sábado 19 de maio, de 11:00 a 1300, no Mercado de Caranza

1ª XORNADA COMUNITARIA

PASADO, PRESENTE E FUTURO DO NOSO MERCADO


Mañá, sábado vaise desenvolver a 1ª Xornada comunitaria para a posta en valor e visibilización da problemática do Mercado de Caranza, tendo como protagonistas aos veciños e veciñas do barrio, aos propios operadores e operadoras, e contando co asesoramento técnico do Colexio de Arquitectos. Esta dinámica comunitaria pretende desenvolver solucións viables, a este espazo público que desde hai tempo se encontra nun estado lamentable e infrautilizado. Quérese despertar o interese tamén da institución municipal, para efectivizar unha intervención da mesma neste espazo, pero que esta teña en conta as reflexións, necesidades e alternativas elaboradas polos veciños e veciñas.

Esta 1ª Xornada desenvolverá o seguinte programa:

Visita-charla-debate cos arquitectos:

Toni García.
Miguel Raimúndez.


*Proxección de documentais:
A VIDA NO MERCADO

*Panel de ideas
*Exposición de traballos escolares


Lugar: Mercado de Caranza
Horario: de 11 a 13hs

Colaboran:
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Asociación de Vendedores e vendedoras do Mercado de Caranza

Organizan:
Asc. Sociocultural López Bouza
Asc. Cultural Fuco Buxán
ANPA IES Carvalho Calero
ANPA CEIP Manuel Masdias
Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos

Despois da última Asemblea de Barrio de Caranza, cinco entidades de Caranza acordamos encetar un camiño en conxunto de dinamización do barrio, MOBILIZACIÓN SOCIAL e posta en valor dos seus recursos, urbanísticos, de servizos, comerciais, paisaxísticos, humanos, culturais, ... é por iso polo que entre outras actividades, das cales daremos puntual información, acordamos celebrar esta 1ª Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza e os Espazos Públicos.

Pregamos Difusión. Moitas Grazas.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: