3 may 2012

Chamamento a solidariedade, ante o despedimento e posible acoso laboral a un traballador de Mercadona

Membros do Comité de Empresa de Mercadona e o sindicato CC.OO, queren expresar o seu máis enérxico rexeitamento ante o inxusto despedimento dun compañeiro no Hipermercado que Mercadona ten na Gándara (Narón)

O noso compañeiro Alberto, afiliado a CC.OO, foi un dos miles de traballador@s que exerceron libremente o seu dereito a secundar a Folga Xeral do pasado 29 de Marzo.

A partir deste momento, o acoso ao que foi sometido Alberto foi constante por parte do encargado de Mercadona, rematando finalmente este acoso nun despedimento.

Non queremos pensar que o seu despedimento fose provocado polo seu apoio á folga, xa que se é así; MERCADONA ESTARÍA A VULNERAR O DEREITO A LIBERDADE DE FOLGA, tal como recolle a Constitución.

Ante este feito tan grave, membros do Comité de Empresa e o sindicato CC.OO, vense na obriga de dar unha resposta clara e contundente. Non podemos mirar para outro lado, chegou a hora de dicir; Xa está ben!

Por iso facemos un chamamento a tod@s os traballadores/as de Mercadona e da Bisbarra, para mobilizarnos o próximo venres, día 4 de maio, ás 19:00 h. diante do Hipermercado Mercadona, na Gándara, queremos que se nos escoite e se faga xustiza co traballador.

Esiximos que Mercadona mude de actitude e investigue os abusos de poder nas súas tendas da bisbarra de Ferrol.

Súmate as mobilizacións contra estes abusos!

READMISIÓN INMEDIATA PARA ALBERTO!

Venres, día 4 de maio, ás 19:00 h. diante do Hipermercado Mercadona, na Gándara

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: