22 may 2012

Mañá terá lugar un "intento" de desafiuzamento en Esteiro

Mañá mércores, día 23 de maio, ás 11 horas vai producirse un desafiuzamento de Yolanda G. F. de 38 anos e divorciada.

Actualmente non percibe ingresos, aínda que ten o Risga concedido polo fillo de 4 anos que ten en custodia, pero sen cobrar polo de agora. (Seu fillo está escolarizado polos servizos sociais do Concello de Ferrol)


Este desafiuzamento non é como outros, neste caso no é un embargo bancario, trátase de que esta vivenda era propiedade da súa nai, e supostamente foi "usurpada" nos despachos por parte doutros membros da súa familia.

Sexa como sexa, a "merdo-xustiza" (que non é para os pobres) é a encargada de executar sempre estas accións contra a dignidade das persoas. Cumpre que as institucións do estado artellen xa unha lei de protección as persoas, tal como recolle o artigo 47 da Constitución, no que di cos poderes públicos velarán polo dereito a vivenda.

O "intento" de desafiuzamento terá lugar mañá Mércores, ás 11:00h. na Rúa Soto nº 1-3.



A Asociación Veciñal de Esteiro fixo un chamamento no que fan constar estes puntos:
  • DEMANDAMOS do Alcalde de Ferrol e da Concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol que actúen como mediadores impedindo o lanzamento da citada veciña de Esteiro de do seu fillo e, en todo caso buscando unha solución alternativa que impida que un neno e a súa nai queden na rúa.
  • LEMBRAMOS que o Pleno do Concello de Ferrol acordou a constitución dunha mesa de desafiuzamentos que permita que o Concello de Ferrol medie entre as partes para buscar unha solución con garantías para todos.
  • Desde a Asociación Veciñal de Esteiro non entramos a facer ningún tipo de valoración de carácter moral ou legal, pero o que si entramos é en defender que se busque unha solución para que unha muller e o seu fillo de catro anos, e en pleno curso escolar, non fiquen na rúa a partir do mércores día 23 de maio e faremos canto poidamos para evitalo.
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: