19 jun 2012

Google rexeita as peticións de censura do Goberno de España

O afán por someter e acalar á cidadanía por parte dos gobernos conservadores non ten freo, desta volta varios gobernos queren acabar con outro espazo de liberdade de expresión na rede. Entre eses gobernos con actitudes propias do fascismo está o de España, dirixido e orquestrado polos mercados e a banca, contan as malas linguas que temos ata un presidente en funcións, un tal Mariano Rajoy.

Entre xullo e decembro de 2011, a Axencia de Protección de Datos española pediu a Google que elimine 270 resultados de buscas que enlazaban con posts e artigos de blogs ou periódicos nos que se facía referencia a particulares, cargos públicos (alcaldes, fiscais e xuíces) e a un blog sobre a corrupción na Igrexa Católica. A axencia gobernamental tamén pediu que Google elimine tres blogs de Blogger e tres vídeos de YouTube.

Google rexeitou todas as peticións de retirada de contidos que lle presentou a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). "Consideramos que nos obrigan a censurar", asegura Dorothy Chou, analista de políticas públicas de Google. Chou denuncia que se chegou a solicitar a retirada de enlaces a un artigo sen que se pedise a quen o publicou que o elimine. Ningunha das peticións vai acompañada de orde xudicial.

Google considera "preocupante" que os organismos gobernamentais sigan solicitando eliminar contidos políticos dos seus servizos. "Esta é a quinta vez que publicamos este informe. E como nas anteriores ocasións, pedíronnos que quitemos contidos políticos. É alarmante non só porque periga a liberdade de expresión, senón porque algunhas destas peticións proceden de países dos que non o esperarías, democracias occidentais non asociadas coa censura... ".

ler a nota oficial

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: