20 jun 2012

Hoxe uns 4.000 cidadáns participaron na Manifestación "Na defensa doutra política social e económica, non a reforma laboral"

Ás 20:00 h. partiu da Praza do Inferniño a Manifestación convocada polos sindicatos CC.OO, USTG e UXT, baixo o lema "Na defensa doutra política social e económica, non a reforma laboral" NON O RESCATE €UROP€O.

A marcha sumáronse diversos Colectivos, Asociacións, Partidos Políticos e algúns compañeir@s doutros sindicatos.


Sigo "berrando" pola converxencia de loita social, e transmito meu desencanto as cúpulas de tódolos sindicatos da comarca, que se pregan e someten a os ditados das cúpulas acomodadas.

"Moito falar de cambiar o mundo e non sodes quen de empezar a mudalo dende o local".

Segundo minte a "Coz de Galicia" foron 2.500 cidadáns os que participaron na manifestación de hoxe, como sempre usan a calculadora do P€P€ para botar as contas.

Mercade en "local" - "Diario de Ferrol"



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: