13 jun. 2012

Patricia Gabeiras di que Reganosa podería estar sen cobertura aseguradora despois da sentenza do Tribunal Supremo

Acaba de rematar a Rolda de Prensa convocada polo "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", no que a Asesora Xurídica do Comité, Patricia Gabeiras, explicou aos medios o que supón a Sentenza ditada polo Tribunal Supremo, que confirma outra do TSXG do ano 2008, declarando ilegal a Modificación do PXOM do Concello de Mugardos, que supuxo a construción da planta de gas de Reganosa sen ter feita a Declaración de Impacto Ambiental.

Esta sentenza tira ao traste con todo o demais papeleo que podan ter aprobado, R€GANO$A é ilegal.

Patricia Gabeiras, arremeteu sobre as declaracións feitas polo (aínda) presidente da Xunta, declaracións nas que Feijóo di crer que existe "Encaje legal" para cumprir a sentenza do TS e manter Reganosa. A avogada dixo que si isto o leva adiante o actual mandatario da Xunta, este podería estar incorrendo nun delito de prevaricación. Tamén fixo fincapé nas perdas de cartos que supón para @s galeg@s manter esta planta de gas deficitaria, os máis de 50 millóns de euros anuais que se lle regalan a Reganosa, aparte das continuas subidas nos recibos enerxéticos d@s galeg@s.

O máis grave que sucede nestes intres, segundo a Avogada, é que a Compañía Aseguradora de Reganosa, no caso de que se producise un tráxico accidente, podería, baseándose nesta sentencia, "lavarse as mans" e non prestar cobertura de responsabilidade, polo feito de tratarse dunha planta de gas IL€GAL.

O Alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia (BÑ-GA$), permítese o luxo de cuestionar ao máis alto tribunal do estado, decendo que; O problema ao que fai referencia a sentencia do Tribunal Supremo,"Cúmprese con tódalas da lei e xa no quedan dubidas" sobre la legalidade da planta de gas.

Esta sentenza debera valer para exculpar aos mariscadores acusados de bloquear a entrada aos gaseiros que descargaban nunha planta de gas IL€GAL.







+ Información en http://praza.com/movementos-sociais/1237/a-sentenza-contraria-a-reganosa-abre-unha-ofensiva-legal-para-trasladar-a-planta/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: