25 jun. 2012

Mañá martes; Presentación do libro "A saúde como negocio".

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol organiza a presentación do libro "A saúde como negocio".

O acto será presentado por Xosé Miguel López Pérez, presidente da A.V. de Esteiro e portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

No mesmo intervirán:
D. Francisco Pillado Maior, Director de Edicións Laiovento.
D. Pablo Vaamonde García, D. Jesús Rey García e D. Manuel Martín García, Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria e coautores do libro.

A presentación terá lugar o vindeiro 26 de xuño ás 19:30 horas na Galería Sargadelos Ferrol.
Este e un acto de debate e de defensa da Sanidade Pública, polo que pregamos a todas as entidades defensoras da mesma, que fagan un esforzo importante de participación no acto e de difusión do mesmo entre @s asociad@s e entre a cidadanía en xeral.

http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: