16 jun 2012

Protesta ás autoridades na XIII Edición dos Premios do Diario de Ferrol

Multitude de colectivos cidadáns, de traballadores/as, e Asociacións, déronse cita onte ás 20h. diante do restaurante "Illas Gabeiras" en Serantes, co fin de dar un sonoro recibimento ao Presidente da Xunta de Galicia, que viña a cidade de visita protocolaria para asistir a "XIII Edición dos Premios do Diario de Ferrol", pero unha "descomposición" de última hora fixo que este abortase tal INGRATA visita.

Na concentración entre outr@s
estaban ; traballadores/as de Navantia, de Privilege, a Asociación "Lazos Pro Solidariedade",a "Plataforma na Defensa da Sanidade Pública",Asamblea Sen Papeis Ferrol, moz@s do 15-M, e o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol".



O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" tiña onte unha "cita especial" co Presidente da Xunta, despois de que este se pasase polo "forro" a sentenza do Tribunal Supremo, favorable ao Comité, na que declaraba nula a anterior modificación do PXOM de Mugardos, precisamente porque non contaba coa declaración de impacto ambiental. A Consellería de Medio aprobou antonte unha modificación puntual do PXOM de Mugardos co fin de dar unha aparencia de legalidade ao que o TS xa sentenciou como ILEGAL.

O Sr Feijóo e o Alcalde de Mugardos Xosé Fernández Barcia (BÑ-GA$), parecen descoñecer que calquera trámite posterior á sentenza pode supor para as administracións implicadas, (Xunta e Concello de Mugardos), incorrer nun delito de prevaricación.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: