20 jul. 2012

A Manifestación máis grande acontecida na historia de Ferrol

Clamor unánime contra os recortes, imposicións e perdas de dereitos e liberdades por parte do desgoberno do P€P€.

Existe no pobo unha total desconfianza sobre a capacidade moral, intelectual e técnica por parte do actual Goberno para poder dirixir e gobernar o Estado.


Unha dimisión nestes intres sería o mellor que podería acontecer, senón a semente para un conflito social está na mesa, e urxente formar un goberno provisional dirixido por representantes de todos os Estados Autonómicos e empezar a rachar co "Sistema de Xogo" imposto polos mercados financeiros e por países con afáns imperialistas. Hai que rachar xa estas ataduras para poder ser donos da nosa soberanía. Aparte de mudar esta merdo-democracia feita a carta para os ricos, altos cargos e P€P€-P$O€.

Hoxe o 5% da manifestación eran votantes do P€P€, o sexa sobre o 70% d@s votantes nas ultimas eleccións. Porque cando hai unidade esa maioría absoluta convertese en ridícula comparada coa pluralidade e realidade social do Estado.

CC.OO, CIG, USTG, UXT, USO, CNT, EU, BNG, P$O€, Sindicatos de enfermaría e policía, estudantes, pensionistas, militares, e todos os que esquezo...

FOI O BASTA XA!!


A Concelleira do P€P€, Susana Martínez Galdós, estaba facendo un censo da manifestación dende a terraza dunha cafetería da Rúa Real.
Unha vez que me veu entroulle a risa floxa, típica de "onde me fun meter". Advírteo aos que a acompañaban nese intre da miña presencia, e empezou a tapar a cara esperando o temido CLIC!! da cámara, pero desta volta fun algo máis considerado, avisei aos compañeiros da cabeza da manifestación para que tiveran a deferencia de "soprarlle a orella" ao pasar por alí, tal como aconteceu. O que de verdade me rabexou foi ter que ver o simulacro de "como me levante" por parte dun acompañante da Concelleira. Que de as grazas ao ceo, máis lle valeu non pórse farruco, a terraza está na vía pública e asísteme o dereito, aparte da mala hostia que gasto contra os machorros do club "vivo como dios".

Porque pese as diferenzas políticas quédanse niso.



A FOTO QUE PECHA ESTE ÁLBUM É "UN APLAUSO" PARA TODA A PLURALIDADE E DIVERSIDADE QUE BERROU "BASTA XA".


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: