21 jul 2012

Limpeza da Mina de Ponzos por parte de Cidadáns e Desempregad@s

Fart@s de ollar como se deteriora o patrimonio e a natureza de Ferrol, e vendo que o desgoberno municipal dirixido por Rey Varela non acomete ningún tipo de obra, vari@s cidadáns concienciad@s e algúns desempregad@s, decidimos acometer a limpeza da antiga Mina de Ouro en Ponzos.

O entorno da Mina estaba cuberto totalmente por silvas e felgos
(tal como amosa a imaxe). Era tal a falta de limpeza que as silvas xa puñan en perigo a flora dunar asentada nesa zoa.

Para acometer dita limpeza falamos previamente con persoal da SGHN
(Sociedade Galega de Historia Natural) de Ferrol, co fin de asesorarnos e determinar as zoas de traballo. Por falta de persoal nestas datas non podían achegarse, pero despois de ter falado cunha compañeira desta Asociación a tranquilicei neste senso, pois coñezo a flora autóctona existente, e a acometida só ía ser contra as silvas e felgos bravos.

A esta limpeza sumouse a Asemblea de Desempregad@s da CIG, aínda que por ser a cousa feita con tanta presa e improvisación só puido asistir un compañeiro. Esperemos que para as seguintes "acometidas" que temos pensado facer se sigan sumando xa que non so é unha laboura cívica, ecolóxica e solidaria, senón tamen de facer VISIBLE a cidadanía de Ferrol que os Desempregad@s queren traballar.



Chamamos ao xornal Diario de Ferrol para denunciar;

1º A falta de limpeza e roza tanto en veira-rúas, monte baixo de propiedade municipal, e edificios do noso Patrimonio Histórico.

2º O "pasotismo" Municipal en canto á reparación de fochas e das rúas da cidade.

3º @s desempregados non imos quedar parad@s, e imos demostrar que queremos traballar acometendo pequenas "reformas" que o desgoberno municipal non quere acometer

O incrible é que exista unha partida orzamentaria de 700.000 euros destinados a ser soterrados na Praza de España, segundo o P€P€ para facer un "Pulmón Verde".

¡¡Esiximos que eses cartos se invistan en contratar cuadrillas de desempregad@s para facer traballos, tanto de limpeza da ría, bosques, eliminación de especies invasoras, e un longo etc. de ideas que temos!!


Tamén nos ofrecemos o desgoberno municipal a pintarlles a fachada do Concello se fai falta, pero sempre e cando nós escollamos a cor


A noticia sae no xornal local Diario de Ferrol, (2º páx, na edición en papel ven máis estensa)

No hay comentarios: