8 ago 2012

"123 Protesta Lexítima"

O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou no día de hoxe a súa "123 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol.



Beiras di que Reganosa é "un crime político" e reclama o seu traslado
Fonte: http://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/beiras-dice-que-reganosa-es-un-crimen-politico-y-reclama-su-traslado/20120808172438064873.html

Beiras, que se desprazou esta mañá a Ferrol con membros da comisión permanente de Anova, mantivo unha reunión no barrio de Esteiro con membros do Comité Cidadán de Emerxencia pola ría, que agrupa a medio centenar de colectivos cívicos e veciñais que se opoñen á situación da regasificadora que funciona en Mugardos dende maio do 2007.

O líder de Anova reclamou a execución da última sentenza do Tribunal Supremo, coñecida a primeiros de xuño e que a xuízo do Comité, declara a "ilegalidade total" da planta ao anular a primeira tramitación urbanística que autorizou un cambio nos usos do chan en Punta Promontoiro, onde se ergueu a temrinal a poucos metros dun núcleo rural de vivendas na parroquia de Mehá.

Mentres os tribunais discutían esta cuestión, o Concello mugardés aprobou unha segunda modificación do PXOM que emendaba os erros da primeira e que dende a Xunta defenderon como o "encaixe legal" que permite a Reganosa seguir na súa actual situación.

"Modificar o marco legal para que un fenómeno criminoso non sexa delituoso é unha prevaricación", dixo o voceiro nacional de Anova.

Xosé Manuel Beiras mostrouse en todo momento crítico coa situación da planta e co castigo legal a un grupo de mariscadores ferrolanos, procesouno nun xuízo penal por pechar o paso aos gaseros en 2007.

"O peor de todo é a súa perigosidade para miles de cidadáns nun radio de dous quilómetros", subliñou. "É unha ameaza permanente, unha barbarie e un crime para o que non valen apaños nin hai encaixe legal,".

Beiras xa participara hai anos en protestas, manifestacións e encerros na bisbarra ferrolana en contra da terminal que se asinta en Mugardos, un concello gobernado polo BNG, fronte de partidos á que pertenceu ata este ano.

Hoxe volveu reclamar o seu traslado ao porto exterior e que "redeseñar" o modelo empresarial da planta para que sexa "unha empresa pública ou mixta".




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: