16 ago 2012

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometerá a súa segunda actuación nunha propiedade de dominio público en estado de abandono

O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometerá o próximo sábado, día 18, a súa segunda actuación nunha propiedade de dominio público en estado de abandono, esta vez será a Batería de San Cristovo, (situada entre o Castelo de San Felipe e o Porto Exterior) así como nas escaleiras que dan acceso ao mesmo.

Calquera cidadán que se sinta afectado polo estado de abandono patrimonial e natural de Ferrol, e que queira colaborar nesta xornada de traballo, pode poñerse en contacto da seguinte forma, vía correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, telefonicamente: 637 567 497 -620 312 992, ou ben estar ás 08:45 no aparcadoiro da Malata (En fronte FIMO) de onde partiremos no menor número de coches.


Con esta acción NON pretendemos quitar o traballo a ninguén, simplemente denunciar o goberno municipal de Rei Varela, polo seu desleixo, tanto no ámbito patrimonial coma no natural. Así como ESIXIR a paralización da obra proxectada por valor de 700.000 euros por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e de despilfarro de carto público.

Esiximos que ese diñeiro se gaste, e que sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos. (En contratos a media xornada para facer que ese diñeiro se reparta entre o maior número de traballadores/as)


http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2012/08/recuperacion-da-bateria-de-san-cristovo.html


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: