20 ago 2012

Apoio masivo a Asociación Lazos Pro Solidariedade

Onte a Asociación Lazos Pro Solidariedade, deu unha rolda de prensa no seu local. O manifesto sumáronse BNG, EU, PSOE, Causa Galiza, A Nova, Sindicato Labrego Galego, Marcha Mundial das Mulleres, CIG, Horta Comunitaria de Caranza, Asemblea de desempregad@s da CIG, Marcha Mundial das Mulleres, Lefre de Caldereta, Fuco Buxán, Asemblea sen Papeis, e un sen fin de asociacións e colectivos sociais. José Torregrosa foi o encargado de dar lectura ao manifesto asinado por todos estes colectivos.

A asistencia social, psicolóxica, persoal, de asesoramento, probas médicas, programas informativos e de reinserción, que dispensa a Asociación Lazos, non a exerce ningunha das administracións, de aí a necesidade de que esta asociación teña que existir.

No que vai de ano atendéronse preto de 5.000 peticións por riba de todo o 2011. Máis de 3.800 almorzos servidos, máis de 150 probas médicas rápidas e gratuítas, centos de xestións de citas sanitarias ou de atencións sociais. Estes son só algúns dos seus números.

A pesar délo o desgoberno de José Manuel Rey Varela, reduciu a subvención un en un 70%, sempre será mellor desviar os cartos aos afíns a igrexa .

O Presidente do Comité Antisida Lazos, Carlos Varela, denunciou que ata en tres ocasións pediron ao Goberno reunións por escrito sen obter resposta algunha.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: