31 ago 2012

FLASHMOB DENUNCIA: CONTRA A EXCLUSIÓN SANITARIA DA POBOACIÓN INMIGRANTE SEN PERMISO DE RESIDENCIA

Hoxe a Asemblea Sen Papeis de Ferrol, realizou na Praza de Armas, un "Flashmob" co fin de denunciar a ideolóxica reforma sanitaria, xa tristemente coñecida como “Apartheid sanitario” , ao remate deuse lectura do Manifesto rexeitando os inxustos reais decretos e instando ao goberno Estatal a que recapacite e instaure a sanidade universal para tódalas persoas.

O "Flashmob" foi unha posta en escena na que interviron un grupo de supostos inmigrantes en situación irregular, un doutor, e membros do desgoberno do P€P€. Un dos inmigrantes tiña unha forte dor e acudía ao doutor, este ollaba para os membros do P€P€, que cun vago movemento de cabeza negaban a asistencia sanitaria. Seguidamente o grupo de inmigrantes comenza a morrer un a un, e os mesmos políticos que negaban a asistencia son os que os tapan cunha faixas escritas con frases como esta "Os recortes en sanidade, encheran os cemiterios"...




Mañá sábado, 1 de setembro do 2012 , entran en vigor as normas que exclúen á poboación inmigrante que non contan con permiso de residencia, da atención médica e sanitaria do sistema público de saúde. A Asemblea Sen Papeis de Ferrol, xunto a outras organizacións sociais, Asociacións de inmigrantes e de defensa dos dereitos humanos, instamos ao goberno de España, á derogación inmediata do RDL 16/ 2012 e 1192 / 2012 que supoñen un ataque frontal contra o dereito á saúde, tanto da poboación migrada como da autóctona.


MANIFESTO ASEMBLEA SEN PAPEIS
DESATENCIÓN SANITARIA. Venres 31 de Agosto do 2012


Benqueridos amigos, benqueridas amigas:

Mañá sábado, 1 de setembro do 2012, pasará á historia coma o día no que o Goberno do Estado Español aplicará as normas que exclúen ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia, do Sistema Público de Saúde.

Os Reais Decretos 16/2012 e 1192/2012 supoñen un ataque frontal contra os dereitos fundamentais do colectivo, pero tamén, da poboación autóctona. Nestes decretos se instaura o repago farmacéutico, incluíndo ás persoas pensionistas, se exclúe do sistema público de saúde á poboación autóctona que non cumpre requisitos para seren aseguradas ou beneficiarias, se abonan prestacións, anteriormente gratuítas coma por exemplo o transporte hospitalario non urxente. En definitiva, se precariza un sistema sanitario, considerado dentro dos seis mellor valorados do mundo.

Nas últimas semanas fumos partícipes, a través dos medios de prensa, de decisións improvisadas tomadas polo goberno, de forma unilateral e con argumentos contraditorios. Se falou de crear un sistema sanitario paralelo, asistindo ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular dende as ONGs, posteriormente se falou dunha cuota anual, cuxo importe é superior ao da maioría dos seguros sanitarios privados, tamén se falou de cobrarlle aos países de orixe da poboación estranxeira, cando España só ten firmado tratados con 6 países e estes cubrirían unicamente á poboación que posúe a condición de asegurado/a. Estas propostas carecen de base legal para ser aplicadas e incrementan a incertidume.
O Goberno non tivo en conta o custo que a desatención sanitaria da poboación inmigrante en situación irregular, pode ter para a economía Estatal , xa que a atención en urxencias duplica e incluso triplica o custo da atención primaria. En términos de saúde pública, estas medidas poden diseminar enfermidades infecto-contaxiosas e infecto transmisibles, incrementando o número de casos, as hospitalizacións e as mortes por estas enfermidades.

É certo, que algunhas comunidades manifestaron que non aplicarán a normativa que deixa sen atención a poboación inmigrante, e que atenderán a este colectivo. Nembargantes descoñecemos se a cobertura sanitaria será parcial ou completa, ou incluso se realmente se aplicará. Estas regulacións aumentan as desigualdades territoriais, no ámbito da saúde, e pode favorecer o éxodo cara as comunidades onde si se presta atención e o colapso das áreas sanitarias onde se de cobertura ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia.

Non queremos deixar de mencionar aos profesionais sanitarios que manifestaron a súa intención de obxectar, nos congratulamos por esta reacción rexeitando medidas inxustas. Ninguén mellor que estes profesionais, coñece as consecuencias que implica a desatención sanitaria. Nembargantes temen as consecuencias que a súa obxección lles poda carrear a nivel laboral e legal. Nós, estaremos cos e cas profesionais comprometidos cas persoas.

Estamos convencidos e convencidas que estas medidas recortan o dereito á saúde, e vulnera dereitos fundamentais ao colectivo de persoas inmigrantes en situación irregular . Ademais estas normativas incumpren tratados internacionais, asinados polo Estado Español sobre atención sanitaria e dereitos humanos.

Por último, dende a Asemblea Sen Papeis, afirmamos que as citadas normas, non obedecen a criterios de aforro económico, nin a políticas de austeridade. Baixo este ambiguo paraugas, se esconde unha ideoloxía racista, xenófoba e discriminatoria , que xerará un alto custo económico , social, e máis enfermidade e morte.

Non as políticas inxustas. Sanidade Universal e gratuíta para todas e todos!

Pódese contactar coa Asemblea Sen Papeis, no correo: senpapeisferrol@gmail.com



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: