3 ago 2012

O concello de Ferrol regala a cidade aos Empresarios de Hostalería ao prezo de 1 EURO m2. E veña merengue e festa rachada

Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro

Como nos mercadillos e feiras ambulantes: Todo a un euro ¡ .

O concello de Ferrol regala a cidade aos Empresarios de Hostalería ao prezo de 1 EURO m2. E veña merengue e festa rachada.

Cos cartos do Urban se financia mobiliario das empresas de Hostalería de Ferrol Vello, Canido e A Madalena. Co Urban se financian sardiñadas e pinchos, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalería, neses tres barrios. Agora xa directamentese lles regala a cidade enteira a 1 EURO m2.

Logo non hai cartos para servizos sociais e é preciso subir os impostos e recurtar dereitos aos traballadores/as municipais. Logo non se poden abrir comedores sociais, hai que reducir a prestación de axuda aos domicilios, na Lei de Dependencia, etc.

Pero o caso é que os Empresarios de Hostalería fagan o Agosto. Tanto ten que se lle reduzan axudas a Asfedro, Lazos-Comité Antisida e a outros colectivos de carácter sociosanitario. Tanto ten que Cáritas, a Cruz Vermella , Díos y Pan, Dignidade, Cociña Económica , etc, etc, teñan que atender cada vez a máis persoas . Tanto ten que cada vez vexamos a máis persoas pedindo na rúa e rebuscando nos colectores de lixo.

Eso non importa, o importante e ter a cidade chea de terrazas aínda que a maior parte do tempo estean valeiras.

O que está a ocorrer é un auténtico disparate, priman os intereses e o beneficio dun grupo de empresarios de Hostalería, non son todos, sobre os intereses xerais da cidade e sobre o público e todo isto coa compracencia do Goberno Municipal, da Concellería de Facenda e de Urbanismo e Obras.
Unha auténtica burla á situación que estamos vivindo e , sobre todo, aos máis desfavorecidos

Parecenos acertado que a Policía Local faga cumprir a normativa sobre acampadas notificando as irregularidades en Covas, Esmelle, San Xurxo e Doniños.

Pedimos que ese celo no cumprimento das normativas se traslade ás terrazas de hostalería que, ante a falla total de control, cada día cometen máis irregularidades. Exemplos: Rúa Galiano, Rúa María (fronte supermercado Gadis), rúa Dolores, Esteiro, Praza do Inferniño, Praza de Amboaxe, Praza da Constitución, rúa Real (café Bla Bla), Rúa Dolores, Paseo da Mariña, que é un disparate total. Supera todo esto a colocación de Bocois en beirarrúas estreitas por todo Ferrol e xa é para nota a da Terraza da Taberna do Cantón e a terraza da cafetería da Rúa Coruña nas proximidades dos Xulgados. Hai moitas e moitas máis con mostradores na rúa, máquinas expendedoras na rúa, televisores na rúa, altofalantes cara á rúa, mobiliario inaxeitado, etc,etc. O que vemos todos e todas non o ve o Goberno Municipal?

É consciente o Goberno Municipal e, sobre todo, é sensible ás enormes dificultades que teñen que superar os colectivos de discapacitados cando se moven pola cidade por mor do incumprimento da normativa de ocupación do espazo público polos establecementos de Hostalería?


As dificultades de mobilidade para persoas maiores ou persoas que anden con nenos e nenas en cadeiras de rodas?

Pensa tolerar a ocupación indiscirminada do espazo público priorizando a súa privatización diante do desfrute do mesmo pola maioría da cidadanía?


Dado que este ano non vai entar en vigor a nova proposta de Normativa ,a que a Asociación Veciñal de Esteiro xa fixemos alegacións en tempo e forma, está en vigor a anterior.

Pensa o Goberno Municipal permitir todo o ano este asalto ao espazo público por parte da Hostalería ?

Vai dar orde o Goberno Municipal á Policía Local para que faga cumprir a Ordenanza nº19 referida as terrazas na rúa?.


Parécenos moi ben que se instalen terrazas, parécenos moi ben que, dentro da Lei, os empresarios de Hostalería poidan mellorar os seus resultados económicos, pero non podes ser incumprido gravemente a Lei e privando á cidadanía dun espazo que lle pertence.

Non é unha cruzada contra a Hostalería é unha demanda de que se cumpra a Lei.

Facemos tamén un chamamento a todo o tecido asociativo a que se sumen á nosa denuncia diante do Goberno Municipal e diante da Opinión Pública xa que estamos seguros que a maioría da cidadanía comparte a nosa opinión.


TERRAZAS SI, PERO NON ASÍ¡

Tamén facemos a seguinte pregunta: Pensa o Goberno Municipal seguir sen vixiar a Zona Azul nos Barrios da Madalena e Esteiro?


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: