30 ago. 2012

Resumo da VI Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Con esta xa fan 6 as xornadas de traballo na Horta Comunitaria de Caranza. Da xornada 5 non din conta, pois esta consistiu nunha visita as Hortas Urbanas de Canido, co fin de aprender trucos e utilidades para sementar as nabizas.

Non pasa día sen que se vexan caras novas pola Horta, desta volta trátanse dunha señora e un rapaz as recentes incorporacións.

Ao remate das labouras e como ven sendo habitual, tivo lugar a asemblea d@s traballadores/as da horta, na mesma fíxose fincapé no acto programado para mañá VENRES 31 DE AGOSTO ÁS 10.45 H. por parte da Asemblea Sen Papeis de Ferrol, trátase dun "Flashmob" diante da praza do Concello.

Con este acto quérese denunciar que a partir do 1 de setembro, entran en vigor as normas que exclúen á poboación inmigrante que non contan con permiso de residencia, da atención médica e sanitaria do sistema público de saúde.


Tamén se falou da necesidade de acudir á "Concentración contra os recortes" convocada por: CCOO, CIG, UGT, USTG, ás 12:30 h. no Edificio da Xunta de Galicia, (Praza de Amada García)



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: