4 sept 2012

Exemplo de como o Alcalde de Ferrol malgasta noso carto público



O Alcalde de Ferrol pretende gastar 700.000 euros en facer na Praza de España unha zona verde, para darlle pompa a este malgasto público o denomina como o "Pulmón Verde" . Lembremos que xa se levan investidos na mesma máis de 16,5 Millóns de euros.

Xa fai anos había proxectado un "Pulmón Verde, de feito se comenzaran a realizar os traballos, o lugar elixido era a finca do Montón en Caranza. Esta zona verde de propiedade municipal contén máis dun millar de árbores de case 60 especies diferentes. Un terreo de 28.000 m2 no que se pensaba facer un Parque Botánico e unha aula de Ecoloxía Urbana. Segundo os expertos a riqueza botánica desta finca é moi superior ao Parque Municipal e ao Cantón.

Esta é a nova recollida da páxina web do Concello
http://www.ferrol.es/ampliar_es.aspx?id=31776

Outro exemplo de como o Sr Alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e o grupo de Goberno do P€P€ coidan os espazos verdes

O Bosque dous Nenos foi ideado polo doutor Carlos Piñeiro cando era concelleiro. Cada neno tiña unha semente que se coidaba nuns viveiros, para despois ser transplantada. Cando a árbore tivese porte abondo para sobrevivir, trasladaríase a Valón. Cada exemplar (case todos eran carballos) levaría sempre unha etiqueta co nome do seu dono. Profesores e alumnos de de 22 colexios e institutos da bisbarra conforman o colectivo Lápis Verdes e participan na iniciativa dedicando tempo e cariño a fomentar o coidado da natureza. Este proxecto recibiu no seu día o Premio Voz Natura. Este proxecto contou co patrocinio das consellerías de Medio, Medio Rural e a Deputación de A Coruña

Esta é a nova cando se inaugurou o Bosque dos Nenos http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/04/14/0003_8415904.htm

Este é o estado actual do citado bosque, deberan chamalo o Bosque dos Trolls











(Fotos de Alberto B.)


- Por que se patrocina ao Racing de Ferrol con de 229.500 euros por levar o logotipo de Ferrol Patrimonio de la Humanidade cando non se cuida dito patrimonio?
Non sería mellor que dito investimento fose para ter en condicións dito patrimonio?

Esta é a nova recollida tamén da páxina web do Concello http://www.ferrol.es/ampliar_es.aspx?id=39608
Inflúen dalgún xeito as boas relacións persoais que mantén o Alcalde co Pte do Racing, Sr. Silveira, e coa nora deste (que fixo campaña electoral co PP), para recibir tal cantidade de cartos públicos sen sentido?

- Por que o Goberno Municipal pide a Defensa a cesión de Monteventoso cando non coida as Baterías costeiras que ten en propiedade?
E xa non só as Baterías, podíase preguntarlle ao Alcalde
que carallo pensa facer co acuartelamento Sánchez Aguilera.
Esta é a nova na que Rey Varela di que é algo prioritario http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/08/17/alcalde-califica-cesion-monteventoso-prioritaria/0003_201208F17C5996.htm


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: