9 oct. 2012

Barricadas polo Naval

O Naval de Ferrol farto das mentiras e enganos por parte do Desgoberno autonómico e central do P€P€, recrudece as súas accións de protesta. 

Na madrugada de hoxe foron colocadas varias barricadas de lume en distintos accesos e saídas da cidade. 

A rápida intervención dos bombeiros, e o pouco trafico existente a esas horas, evitaron un caos circulatorio.

As vías afectadas foron a Rúa Irmandiños, Ponte das Cabras, As Pías (na saída á altura de Caranza), e A Trincheira

Segundo fontes consultadas, "Isto é soamente un pequeno toque de atención" e ameazan con recrudecer a loita.

Un home foi retido e identificado por dúas patrullas da policía nacional á altura da rotonda de Alcampo, (descoñezo se o levaron detido).

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

1 comentario:

Dulce dijo...

La historia,se repite