1 oct 2012

Ferrol á vangarda do cambio social

Dúas iniciativas moi boas están tendo lugar en Ferrol, unha é a Horta Comunitaria de Caranza e a outra é "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", ambas teñen un denominador común, a recuperación dos espazos para a cidadanía.

A Horta Comunitaria de Caranza; Recupera un espazo abandonado polo Concello e a Autoridade Portuaria no paseo marítimo de Caranza, uns terreos que estaban comidos polas malas herbas, e que agora serven para que desempregad@s e cidadáns teñan unha pequena horta con produtos de primeira necesidade. Aparte todo o cultivado carece de tratamentos químicos, nin se usan sementes modificadas xeneticamente (os coñecidos como Transxénicos). Estes cidadáns fomentan o cooperativismo, compañeirismo e solidariedade, cualidades imprescindibles nunha comunidade.
  

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos"; O nome do colectivo cidadán define o mesmo. Trátase de cidadáns concienciad@s co valor natural e patrimonial de Ferrol, e outr@s en situación de desemprego, que traballan na recuperación para a cidadanía destes espazos que se atopan abandonados por parte do Concello de Ferrol.

Estes traballos de recuperación destes espazos os fan tamén con outro obxectivo; paralizar o investimento de 700.000 euros na Praza de España, piden que ese carto SE GASTE na contratación de desempregad@s para a recuperación limpeza e saneamento deses espazos, e cun matiz, que eses contratos sexan de media xornada para repartilo no maior número de xente posible, e contratar en función da carga familiar ou estado de precariedade que estean a pasar as familias.



Blogue do colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

 Isto é recuperación da participación cidadán, recuperar os espazos públicos e evitar que a clase política despilfarre os nosos cartos.
  
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: