31 oct 2012

Silvia María Casal Sabín

Hoxe tiña que facer público o nome e apelidos desta moza e compañeira, condenada de antemán polo medio de manipulación A Coz de Galicia, ese medio que dita sentenzas, manipula, difama, e fai publico o nome dunha nai, dicindo que é unha terrorista, todo isto sen que Silvia houbese aínda prestado a súa primeira declaración en comisaría.

O dano está feito, xa non hai marcha atrás, esta difamación foi servida ao público en papel subvencionado pola Xunta de Galicia co diñeiro de tod@s os galeg@s, mesmo dos independentistas.

Eu neste caso non defendo a esta nai por ser independentista, non é o meu ideal político, o que defendo é que a todo cidadán aplíquenselle as normas recollidas no estado de dereito.

Non pode ser que un medio sexa parte e xuíz en ningún proceso.. Quen vai repor agora a honra a Silvia?.. Quen vai aliviar aos pais e familiares de Silvia?.. A COZ?


Hoxe Silvia saíu en liberdade!!


NON ERA CULPABLE sr. Santiago Rey Fernández-Latorre????
En que quedamos????
Agardemos que Silvia recupere pronto o humor para volver a facer teatro e facernos rir de novo, porque a COZ maldita gracia!!.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

1 comentario:

Anónimo dijo...

Susete, todos estamos con Silvia, todos os nosos, os bos e xenerosos. Os imbéciles i escuros... denigran a nosa loita e encima sen atender a lei e fannos dano cos nosos cartos.